Mundo Pendular
13 de xaneiro de 2011 (17:51 h.)
Pendular. Así é o movemento que prevalece agora mesmo no mundo. Dun extremo ao outro. Do branco ao negro, do día á noite. Non hai matices, comigo ou contra min, na miña trincheira ou na de enfronte. Nada escapa a ese movementos de punta a punta. A política, tampouco.
Hai uns anos viviamos na opulencia. As administracións daban subvencións coma o Rei Mago que mete a man no peto e bota caramelos. Podíase pedir de todo, porque precisamente esas subvencións eran a moeda de cambio pra favores electorais en moitas ocasións. Abrollaban as casas de cultura en núcleos onde tódolos habitantes do lugar poderían caber dentro do propio edificio. Abríanse zanxas, cambiabase un pavemento ao ano de telo “alquitranado” (como diría o gran Alejandro…). Pan et Circus.
Agora estamos no movemento pendular contrario. Non hai para nada. Ou case nada. Nin pra o necesario. Actuacións básicas para as veciñanazas non atopan financiamento. De pagar caprichos pasamos a racanear infraestructuras básicas coma saneamentos ou traídas de augas, porque agora todo se mira con lupa e nesa peneira, os criterios para dar o OK aos investimentos, son cando menos dignos de estudo.
O peor é ver como determinadas actuacións que no seu día custaron un ollo da cara, esmorecen sen atención de ningún tipo. Misteriosos edificios, áreas de descanso, lonxas pantasmais, infraestructuras varias que nunca chegaron a ter utilidade porque primeiro se facían, se cobraban os favores e logo se concluía que eran innecesarios. Inda sendo conscientes desta situación, non se preocupen. Se algún día a economía repunta e agroman os euros de novo, voltaremos ás andadas. Nos daremos outra festa de barra libre sendo conscientes que ao día seguinte non haberá cartos para unha botella de auga. Porque a mesura e o sentido común, ou “sentidiño”, como lle chamamos por aqui, en certos ámbitos, quedou abolido hai tempo.
- Fran Hermida (franhermida@quepasanacosta.gal).
Máis información
- senxeito.eu, o blog de Fran Hermida.
Entrevista con Fran Hermida
- 10 preguntas con Fran Hermida, o camello do humor da Costa da Morte: 10 anos percorrendo o país arrincando gargalladas.
- "Eu son pelexón e rebelde e polo tanto toca reconstruirme".
- Da radio municipal de Corcubión á tele.
Outros artigos Sen xeito
- Casi un 10% de vergoña.
- Carta ao alcalde de Corcubión.
- Cousas que pasan desapercibidas.
- Falta de valentía.
- Folga Xeral.
- Touros.
- Prexuizos.
- Polígonos.
- Foro Costa da Morte.
- Ocos.
- Unha de crise.
- Golpe do mar.
- Viaxe no tempo.
- Batalliñas.