Nacho Castro: “Sen os voluntarios..., morremos”

Nacho Castro é xerente da Cofraría de pescadores de Muxía. Debutou no cargo vivindo en primeira persoa unha das pasaxes máis tristes da nosa Historia recente: o afundimento do Prestige. No segundo capítulo destas "Bondades da fala", tras coñecermos a Fran Caamaño, conversamos con el sobre o seu traballo e viaxamos xuntos ata o 2002 para voltar pouco a pouco ata o día de hoxe e, polo camiño, falar de erros e acertos, do papel xogado por uns e outros e para ver na area xa sen chapapote que aprendemos de todo aquilo.

  • David Lourido (davidlourido@quepasanacosta.gal).

Novas relacionadas