Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Unha documental de Isabel Coixet con acento da Costa pola Marea Blanca

Unha documental de Isabel Coixet con acento da Costa pola Marea Blanca

Aló estiveron, ao carón de Isabel Coixet na premier da documental sobre o Prestige e sobre a Marea Blanca que a directora vén de presentar. Aló estiveron a extremeña-fiserrá Sole Méndez, o muxián Nacho Castro e a súa muller, unha parella formada a golpe de chapapote, a catalana Nuria. Acompañados tamén por Manuel Pan, Anabel Piñeiro e Susana Alvite, como representantes da campaña Galicia en Color na que se enmarca o proxecto, e no que tamén participou a empresa nai deste diario, Galinus, Taller de Novos Medios.

Dez anos logo da traxedia, a documental relata as historias e sentimentos dos heroes que limparon as costas de Galicia, eses heroes anónimos dos que imos coñecendo algunhas historias en QPC. E despois de disfrutar do Retrato a tamaño natural do litoral da Costa da Morte (280km de foto), xa podemos disfrutar na rede do documental dende www.coronasavethebeach.org/marea-blanca.

Marea Blanca: homenaxe ás 300.000 almas contra o chapapote

Isabel Coixet rende con esta documental, homenaxe aos preto de 300.000 voluntarios que limparon as costas galegas tras a catástrofe do Prestige co documental 'Marea blanca'.
Nesta cinta, de 30 minutos de duración, recupéranse os testemuños de quen participaron na limpeza das praia e, as súas motivacións persoais para recoller coas súas propias mans as verteduras tóxicas que chegaron ao litoral galego e cóntanse tamén as historias que xurdiron aqueles días.

E as protagonistas son bastante coñecidas para nós: Sole Méndez, esa brava extremeña que xa vai ao mar como mariñeira e que fala en fisterrán (malia que a moitos fisterráns de curtas miras lle pareza un insulto no cando dun orgullo), tras 10 anos na Costa da Morte. Traeremos unha completa entrevista con ela a vindeira semana.

Outro, co que tamén teremos unha longa entrevista, é Nacho Castro, xerente da Confraría de Muxía, e ao que o Prestige tamén lle cambiou a vida. De feito, a terceira protagonista, Nuria, foi unha voluntaria que namorou e quedou en Muxía.

Participan tamén outros voluntarios, como Sven, Luís Rodríguez, Rustan, Nacho Porto, José Gómez Leis ou Merche Díaz Mayán. Xentes da Costa aos que a Marea Blanca tamén lles cambiou a vida.

Homenaxe en audio de Agareso

Aí queda a pequena documental de agradecemento, en audio, de Susana Alvite para a Marea Blanca dende a asociación de Xornalistas Solidarios Agareso:

Ir a descargar

Máis información

Os voluntarios que cambiaron a Costa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios