Os laboratorios do verso
A inxustiza premeditada saiu en procesión polas rúas da miseria baixo o palio que sosteñen anacoretas e traidores.
E sobrevoan boitres afamados por riba desta terra queimada, un inmenso deserto de toxos i eucaliptos, e por riba desta costeira nosa tan violada e tan secuestrada, aquí… aquí onde muxen baratísima o leite das vacas dos pobres e ata guindamos o peixe pola borda… si!!!!!… eses derradeiros pesqueiros daquela flota invencible cando no mar se podía vivir dignamente.
Paffffff!!!!!… Pero, un bo día… córtanllelo grifo as subvencións dos bufóns deste circo e os pinceles que alugan a súa tinta por esmolas con forma de caché , columna e premio agasallado, si… eses pinceles “a sueldo”, eses poetas de laboratorio que xa non entran nos plans do dono do circo que ten por prioridade máxima manter os millonarios soldos vitalicios dos famosos boitres leonados, inmundicias e indecencias toman o control do novo panorama pero os lacaios filólogos e os seus versos-prosa indescifrables quedan agora sen oco na maseira. Xa nin margaridas lles dan de comer os porcos.
- Silencio!!!!!!!
De súpeto, un silencio imposiblemente calado escóitase nos xardíns de palacio e inténsamente oulea unha buguina anterga que lanza un sonoro, profundo e potente mayday (S.O.S)… i ata enxordecen os dormidos. E un cisne cantor convoca os batallóns literarios da costa toda e oulea a vaca nos mares do mar de Fisterra. E oulean os poetas verdadeiros amantes do mar, oulean eles tamén.
E océanos de queixo inundan as fragas e os vales, os montes e as serras, os prados e vilas recitando novos poemas, nos idiomas da xente, e unen os peitos deste que será, xa, un cantar unánime coma un solo tambor.
E un exército de pinceles, (sen soldo posible), xorde por tódalas contornas do noso País, xuntos e alzados en regueifa sinxela que fala das cousas do aqui e do agora, por fin!, como derradeiro alento daquel Pobo libertario que algún día fomos todos nós.
E miles de cisnes cantores cantaban de novo na beira do mar…
- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Outros artigos de Óscar de Souto
- As nosas Rosalías.
- Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
- O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno.
- A envexa dos anxos e das prumas.
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).