Un rapaz solidario chamado Martiño
Encatifo aquives oreta nos imes vixos no curruño do arxina xompaina
que estafaron humáns vixairos
[Boto aquí auga dos meus ollos na lembranza do
canteiro compañeiro que mataron homes covardes]
- X.L. Santos Cabanas
Dona Diáspora achegouse pola parroquia de Calo [Teo] xa que hai anos que o seu vello amigo Eduardo Liste Carro a convida para a sardiñada que organiza no campo de Rebordelo a Sociedade Recreativa. Neste ano as sardiñas tiñan un sabor especial porque son o aperitivo da celebración do Cincuentenario da S.R. que terá lugar o vindeiro domingo 13 de novembro. O benquerido Eduardo é unha persoa cordial e xenerosa que leva no seu corazón a dor de non saber onde está enterrado o seu pai, Constante, que fora asesinado en 1936 por ser bo canteiro e mellor persoa.
Cando o lume da cacharela vai queimando a Cabra Vella ---obra do xenro carpinteiro de Eduardo--- é o momento no que ano tras ano escoita a voz do quen fora Tenente Alcalde no concello de Teo. O fume faino collerse da súa man camiño de Balcaide: Non sufras, Eduardiño. Ti ben sabes que os teus tíos non me deixan só nin un minuto. Sempre estamos entretidos. Cando non sae o tema da batalla do Ebro pois son as minas de Varilongo ou agora mesmo que estamos a falar dun rapaz de Folgueiras que nos honrou cunha avenida en Ameneiro. O teu tío Xesús farda moito diante dos seus compañeiros do PCOE informándoos de que o camiño polo que ía a Santiago leva os seus dous apelidos. O único que sinto ben, meu fillo, é non poder contarlle historias aos meus netos Eva e Suso ou ensinarlle un pouco da nosa fala gremial de arxina. Adeus e ata de hoxe nun ano.
Os que coñecen a Eduardo cústalles crer que posúa un espírito tan forte. Fala con un e outro. Lembra cando a súa tía Aurora ía co leite ás portas de Compostela ou cando estivo en Praga con aquel famoso Líster que enche de páxinas centos de publicacións mundiais. Le moito aínda que se queixa de que a vista non é o que era. Na tertulia no bar “Loncho” da Casalonga é un seareiro necesario para a mantenza dos recordos que forman parte da historia local. O meu amigo foi emigrante e traballou durante moitos anos en León, Holanda, Irlanda e nos Emiratos Árabes. O seu pensamento está fondamente consolidado no antidogmatismo. Di que atopou boas persoas por todos os lugares e que non esquece a ningunha. Os golpes da vida espeliron os seus sentidos pero non estragaron os seus sentimentos. Espertou antes de tempo e foi cedo por regos lonxanos e seituras descoñecidas pero volveu ao carón do lume quecedor de Ameneiro.
Dona Diáspora irá pola Ramallosa para falar coa concelleira de cultura, Carme Hermida Gulías, para pedirlle convoque unha xuntanza con todos os canteiros de Teo. Quere falarlles do seu compañeiro Constante e propoñerlles a realización dunha homenaxe na mesma pedra que el traballaba. Unha suxestión é a colocación dunha chanta vertical de granito teense no lugar máis achegado posible ao sitio onde o mataron. Pola frente levaría gravado o fermoso poema “A Constante Liste, canteiro bo e Tenente de Alcalde de Teo, asesinado no ano da morte de 1936” [A Constante Liste, arxina xido e Vedello Bate de Teo, estafado no luceiro do estafamorio de 1936] da autoría de Xosé Luís Santos Cabanas. Os actuais canteiros deberán de repartir os versos para que o arxina xompaina ---é dicir, o canteiro compañeiro, na súa fala gremial chamada verbo, arxiña, arghina ou latín--- reciba a forza solidaria de cada un dos ciceis irmáns que seguen erguendo futuro. Así se fan as cousas en Teo. Sempre con moito agarimo e sen ter que andar detrás de axudas ou subvencións que por outra banda son escasas nestes tempos de crise.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai .
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .