Entre ideoloxías anda a probe vida

“Yo no sé si la humanidad bien considerada tiene derecho a quejarse de ninguna especie de murmuración, ni si se puede decir de ella todo el mal que se merece; pero como hay millares de personas pseudofilantrópicas, que al defender la humanidad parece que quieren en cierto modo indemnizarla de la desgracia de tenerlos como individuos, no insistiré en este pensamiento”.
(M.J.Larra)

Larra non. 

Pero eu sí.

Non é ningún aspavento decir que a nosa tradición cultural, como bos e fieis occidentais que somos, ten nun dos seus berces, o grego, a máis alta e distinguida representación do noso ordeamento social.

Os gregos comenzaron o traballo e nós ímolo enterrando. Déronnos unha forma posible, non a definitiva nin a mellor, pero había un punto de partida para acadar unha forma de “entendemento” social, que tiña como baluarte a POLÍTICA e como resultado a sua filla pródiga, a DEMOCRACIA.

Pensade que despois, para nós, chegou Roma e a DITADURA fui todo o que se lle ocurriu. A ocurrencia en Hispania duroulles 700 anos.

Digo que non fui a mellor por que, a democracia está e estará sempre de prestado, ata que un calquera a faga saltar polos aires… airiños, aires. Así e todo aí está súa prima, a DITADURA, que para nada é política, ben o saben os ditadores, senón un xeito de des-goberno autoritario. A vareadas, vamos.

A ideal, a perfecta, sería o autogoberno individual, pero esta aspiración queda orfa de todo cando os antropólogos pón riba da mesa, de que cerna estamos feitos os seres humanos. Somos, no reino animal, os envidiosos, ladróns, asesinos, raptores, traficantes, abusóns, rastreiros, mintireiros, encubridores, falsos, traidores, corruptos e chupatintas que fai que teñamos que ter, por riba, alguén que dea conta de nós. Alguén destes, probable.

Aínda así e deste xeito, levamos tirando cara adiante xa non sei canto tempo, perdín a conta; fixemos da política e da democracia o noso fogar, que nos dá certas certezas e muitas incertezas, sobre todo cando a política é capaz de parir un residuo, un detrito, algo que nin ecoembes é quen de reciclar pero si de reutilizar. Seguramente é un deses produtos que máis se reutilizan. A IDEOLOXÍA política.

Un aquel que hai que aquelar para seguir aquelando.

Gustaríame neste sentido vivir no “espazo cuántico” ou no que sexa para non ter que soportala... á ideoloxía, refírome.

Pode que ao comenzo de todo tivera algún significado, pero a estas alturas non é máis que unha extrana invitada que somete á razón e ao propio pensar lóxico, crítico, individual e común. Común… sentido común.

Só unhas poucas persoas que coñezo non están sometidas a esta nova forma de ditadura socialmente legal; porque de tal xeito é que se non estás do lado dalguén… estás fóra… fóra de que ou de onde, non se sabe, pero se non votas, máximo exponente demócrata do Sistema, non tes dereito a queixarte. E queixarte do SISTEMA non semella levar a ningures, porque non hai unha ventaniña específica para estas cousas.

Como é evidente, as ideoloxías estancan e só as ideas e os ideais utópicos nos fan avanzar. Nós fronte a outros. Pensar direito, pensar esquerdo. Pé dereito, pé esquerdo; man dereita, man esquerda. Zurdo!.. que é un Zurdo!!

Estancan no sentido de idea única e unitaria. Unha ideoloxía determina en gran medida o ser e parecer das persoas, que deben comportarse exemplarmente dentro desa ideoloxía; así decir que todos debemos estar casados pola igrexa, que a familia debe estar composta exclusivamente por home e muller, que dous homes se quiran é algo antinatural etecé… simplifica tanto a vida que a vida revolvese na tumba da intranscendencia e sobre todo da irrealidade.

Como se a vida non estivera viva e non fora un todo contínua e diversa. Que máis che dá se me caso ou no me caso e con quen… a ti que máis che dá… pois NON. Meter as napias na liberdade individual divírtelle.

A ideoloxía perpetúa unha cisma; que a vida é unha foto fixa e tal como sempre foron as cousas… serán. Que a vida non cambia, que se estanca aquí sen posibilidade de intervención nin humana nin divina e todo o alternativo, variado, diverso e rico da vida, queda exiliado.

 

Trátase de ordenar o orden social se non esto é un batiburrillo de pedigüeños que só saben dicir… “y de lo mio, qué”. “Puues… de lo tuyo… nada”!... e se estás fóra dese orden social xa sabes o que che queda; cadea, ostracismo, paro e exilio. Agora sería “bulin”.

A Ditadura e a súa idea caciquil do Estado serviu, neste e outros países, para abrirlle a porta de fóra ás persoas máis boas e brillantes. Logo foron “extraditadas”, algunhas, non todas, pero xa algo mortas.

Máis tarde os exiliadores convocaron unha xuntanza e construiron Panteóns Ilustres para que os ósos dos exiliados estiveran a bo recaudo. Daquí xa non fuxirán, pensaban.

O ciclo pechouse cando lle encargaron estatuas e aclamaron loubanzas con discursos anacrónicos e estertóreos… ”Que bo era... canta razón tiña… eu nunca llo dixen pero pensaba coma el”…

Por que paga un por tantos. Por que as ovellas non se volven lobos e por que os lobos se volven feras. Eu me cago nos mortos da cobardía e do medo. Eu me cago en tódolos mortos dos que fixeron padecer a inocentes.

A Política require un candidato, a ser posible non muller, non sexa que se nos acabe este choio machirulo que nos levou desmil anos montar.

O candidato regala palabras, ideais de libertade, de progreso, proclamas, proxectos… igualdade… familia felíz. Regálase a sí mesmo porque di que ten vocación de Servidor Público. Que máis podemos pedir!!... Ninguén o obriga.

O candidato demócrata non ten caste, rico ou probe da igual… votamos a todo canto se mova. Que máis dá se é de dereitas ou de esquerdas. O que mellor fai a ideoloxía do candidato é separar en grupos... ara mistura-lo todo, os que están con él e os que non… así mantemos unha división histórica que por inepta non pasa de curso e repite e repite... cada catro anos.

 

Teño pois, dende fai tempo, a estrana sensación de que o pobo galego só sabe votar a hipócritas amansados, a ineptos estimulados por outra cohorte de ineptos, a homes imperativos que serviron á escuridade avalados por caciques pueblerinos, a Feijós traxeados que nouturnizan con alevosía as súas prácticas privadas, a Rajois defeutuosos que emporcan os nosos mares fendendo barcos con “hilillos”, a Ruedas que ruedan ás órdenes dun patrón na sombra… sen empatía nin gusto pola nosa fala. E son Galegos.

Cando este pobo suicida votará bondade… A BONDADE DE PODER SER EL MESMO.

Alguén dixo que toda arte era política. Sí, se sirve a esta. Polo resto, nada é política, só cultura, transacción e mercados. Sociedade vaia.

De feito nada é político,todo é social… a política é a ferramenta pero convertiuse, ca complacencia de todos, nun fin en sí mesma; con vida e ideoloxía propias, autoriza ou desautoriza outras vidas que a mesma vida pon en marcha.

Unha ideoloxía dí: os homes non poden casarse entre si, tampouco as mulleres. Outra ideoloxía dí: os homes poden casarse entre sí, as mulleres tamén.

A cal lle facemos caso Maroto. Ti, pola túa ideoloxía non poderías casarte, así que usastes a outra sin moverte da túa… como se come eso… hipócrita. As ideoloxías abúrrenme.

No meu Concello hai dúas ideoloxías “dominantes”, sendo un mal menor son, afortunadamente, zurdas. Nas eleccións pasadas lin o programa das dúas; politicamente era tan semellante que as máis significativas diferencias dábanse nos apelidos da xente e na ideoloxía. Con matices, claro.

A política non pode ser un fin en sí mesma e debería estar liberada de ideoloxías, xa que a maior función desta ferramente, a política, é ponderar. Imaxinade un coche que se atopa cun fuchanco, se non fora polo amortiguador romperían máis coches e habería máis mortos.

A política debe ser pois, un amortiguador entre dous xeitos de pensar que nunca se atoparán e cas diferencias hai que vivir.A política non decide;pondera e xestiona.Fai propostas.Debe escuitar a quén lle da o poder de facelo,sabedes quén…o pobo chavalas.

Pero en ves de amortiguar, a política ideolóxica tensiona. Comenza a non servir para o común e sérvese a sí mesma. Aínda que o coñecemento esté no pobo… arte e ciencia. Os dous alicerces da humanidade. Dos cales tamén se serve.

No meu Concello hai duúas ideoloxías “dominantes”, con poucas diferencias pero esas poucas semellan insalvables. Sería infantil pedir que vos entenderas para así atender a todas as persoas? Porque eu vexo cousas no meu Concello que non son para as persoas, senón para as IDEOLOXÍAS.

Non pensedes a través das ideoloxías, que dividen, separan; pensade por vós, o que é millor ou pior, según vós, e que non lle prive a libertade individual do outro. Se pensades a través da mesma ideoloxía, estaredes vendo as cousas sempre dende o mesmo ángulo e ás veces hai que cambiar o enfoque. ”Yo defiendo a los míos para que se jodan los otros”. Iso está mal.

Escuita a o outro e dalle a oportunidade de que che diga por que non pensa coma ti, dese xeito daraste conta de que está máis perto do que ti mesma pensabas. Pensar é cansado, por eso fiamos o noso pensar ao pensar doutras. Non pensedes en ideoloxías, pensade en HUMANISMO. O COMÚN A TODAS. O QUE PRECISAMOS TODAS. COMER, BEBER, TRABALLAR, AMAR.

POR QUE UNHA IDEOLOXÍA ME TEN QUE IMPOR A QUEN AMAR OU NON??

Sendo o caso de amar, todo un misterio.

Do mesmo xeito, outro misterio que eu non descifro, ou si, é que algúns alcaldes queren semellarse á políticos globais e aprenden xeitos e maneiras de gobernar como se estiveran xogando nesa liga, cousa que eu non lles recomendo, e non fan unha defensa ponderada e a escala, dos intereses dos seus veciños; non, algúns alcaldes xa nos globalizaron, colleron o sobre da ideoloxía e fan política de Estado, sen darse conta de que Estado tamén somos nós.

Só preguntádevos unha cousa… cantos alcaldes e presidentes levamos. Agora erguede os ollos e pensade se a vida é agora máis doada e tranquila para vós, porque para a economía mundial, seguro que si. Pero pensade en vós e na vosa comarca. Está cada ves millor ou vai empiorando por momentos… faríades vós o mesmo… CRISIS?... WHAT A CRISIS?

Xa, si eso… outro día falamos da vida ou de algo máis importante, pero na taberna, que é onde se arreglan os asuntos.

 

  • Nando Lestón. Artista, pintor e escultor que vive en Carnota.
 

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC