Sábado. 20.04.2024
El tiempo
Nando Lestón
07:49
17/04/23

Turismo global. Unha pandemia máis

Turismo global. Unha pandemia máis

Vivir na Vida pasa por pensar, vivir no Sistema pasa por pagar. Paga pois. Isto vai de Turismo na Costa da Morte. Bo nome para este Territorio. A escocer toca. Seguro.

Non semella un bo plan de domingo abrir o melón do turismo na Galicia Rural. Non, por que basicamente todo o empresariado deste sector dirá... ”lo mío ni me lo toques”. Non inclúo neste enfoque ao modelo Casa Rural.

O turismo non responde a ninguna necesidade real de prosperidade ou progreso da humanidade, nin siquera dos territorios; é un invento humano, un xoguete máis dese capitalismo que precisa darse unas vacacións de sí mesmo. O turismo non é a Vida, é o Sistema. Industria do Turismo.

Eu son e vivo en Carnota, esa fermosa estampa sen futuro que semella non ter outra saída que converter a os seus veciños en prósperos criados de outros seres humanos, que se ven a sí mesmos merecedores dun descanso, pois traballan para o Tio Gilito, ata a fatiga.

Cando preguntas á poboación polo tema do turismo, unha parte dí “home está ben porque o turismo da traballo”; cando lle preguntas a outros din “dalle traballo a quen vive del, o resto sufrímolo”.

Este setembro estiven en Lanzarote, vou de cando en vez a estudar a obra e traballo de César Manrique. Este home, visionario e vehemente por necesidade, puxo a esta isla no mapa do mundo como modelo turístico, máis tarde arrepentiuse un pouco. Ao dar boas ideas á política e ao empresariado despois, fixo con elas o que quixo. Rueda visitou Lariño, alí ten un amigo, o propietario do Faro e díxolle textualmente “todo o que me pida Jesús para Cee, xa sabe que o ten concedido”. No meu pobo eso ten un nome escándalo, trapicheo, cacicada... amiguismo.

Dixo para Cee, de Carnota, que é onde está o Faro, non dixo nada.

César Manrique foi casa por casa para falar cos veciños daqueles lares para que mantiveran a construcción tradicional lanzaroteña, o seu maior patrimonio… Lanzarote está, coma outros lares, palmando de éxito e cheo e criados aparcacoches que ten o título de patrón e nós que vemos  caída de Roma “Don´t loock up”. O patrimonio aquí caese a cachos e as casas, se non se venden, alúganse… ese é o noso futuro patrimonial.

O PP, coma Franco, morrerá matando. Agora tócalle á Costa e ao seu patrimonio. Non saben estar quedos… cando parará esto de “crecer”. Non se esperan por estas latitudes “vaciadas” outro tipo de inversións que non sexan ocupar territorio para “el goce y regocijo” dos que poden pagar.

Os de Carnota, tradicionalmente, teñen o seu anaco de mar para os de Santa Comba e Mazaricos e boa falta lles fai, así que benvidos.

Pero agora o modelo non existe… a fitur vaise tomar nota do recado. Carnota xa está no mapa global do turismo, Tripadvisor xa ten as “dez cousas que facer en Carnota”, pero Carnota é tan pouca cousa que unha delas faise en Dumbría. Por outra banda os do Ézaro veñen tomar os viños a Carnota, porque no Ézaro os do Ézaro xa non caben. Que bonito nome, Ézaro!!

A presión que existe sobre os territorios pequenos condena ao indixena a facer pulseiras, tallas de madeira e outras chirimboladas para que se teña a sensación de que as culturas ten unha posibilidade de existencia. O turista parasita e o indixena Subsiste. Semella que o turismo é o gran salvador das culturas e os gobernos aplauden cas orellas por non ter que facer eles ese traballo; o de salvar a sua propia Cultura, que en realidade é o único de seu que ten un país. O resto débese ou é prestado. Somos como os Yanomamis.

Unha nova dí “Plan para relanzar o turismo de Costa da Morte co apoio dos alcaldes e deputados”… non vos soa esto a Castelao…

Din que apostan por un cambio de paradigma e o paradigma segundo eles é situarnos como xeodestino (esta palabriña encantalles) para situarnos no escaparate nacional e internacional. Ca frecuencia de Monbus e Arriva van tardar centurias en situarnos. Eso é bó. Seguide así.

Outra novedade é por todo en mans de profesionais, o Consorcio non ten tempo por que se ten que ocupar do seu, máis hoteis, cabanas e aldeas enteiras, algunas estructuras turísticas chegan ao millón de metros cadrados. Supoño que por profesionais entendemos operadores e touroperadores que nos globalizaran creando un modelo que cubra as necesidades dos que veñen, así tal cal somos non lle interesamos a ninguén. Eu pensaba que a Carnota se viña polo que é, tal cual está, non polo que representa para outros; un anaco de pastel turístico.

O Cabalo de Troia ca miseria na barriga.

A Asociación di ser moi optimista pola potencialidade… natureza, gastronomía, os camiños, as corredoiras para as bicis, buceo… en fin, todo o que temos e somos é isto nacional e internacionalmente; agora cun añadido, outro recurso máis, poder ver as estrelas de noite, eso sí, con condicións. Nun submundo todo esto xa existía, pero sen condicións e matámolo. Arruinamolo todo para volver a inventalo.

Por suposto o recado xa o colleron, as turoperadoras demándanlle paquetes pechados para que o turista non tolee... e eles tampouco.

Para a APTCM, (buscade o que é), de comunicación imos ben servidos, boas estradas e cercanía as ciudades, lástima que eu teña que coller o coche para todo por que o bus pasa e digo pasa… pasa de todo.

Outra potencialidade, segundo eles está nos recursos, aos que semella non se lle está sacando partido. O mar. Non o esperabas.
A orxía culinaria das degustacións, que non é outra cousa que matar en cantidades industriais sen necesidade de alimentar; para que nos imos quedar nun día, se pode ser unha semana ou un mes de nécora e centola e “crear un paquete para que os turistas veñan a degustar estes manxares”, coma ese restaurante que sirve o noso preciado ben a paladas en carretilla, con absoluto desprecio e indignidade do verdadeiro alimento.

En resumen… máis, pero que máis do mesmo, adobado con caravanas e o principio de “capacidade de carga” que espere; se non hai auga tira de Espina e para as fecais, xa oremos depuradoras, mentras tanto as vacas pacen.. onde… non sei.

Carnota debe desmarcarse claramente deste modelo, ruinoso e depredador disfrazado de sostibilidade que nos chega por terra, mar e aire. Carnota ten o seu propio paradigma… ser tal cal é, por eso gusta; porque se se ten coma modelo Fisterra, imos listos. Non se trata de ampliar servicios para unha poboación fantasma, que pasa por alí duas semanas ao ano.

Entendo os egos de quen vai a Fitur, as loubanzas deben ser muitas e seguro que che fan sentir especial cas súas inversións; inversións que nunca acaban na poboación que ve mermada a sua economía e territorio... para que uns cantos hoteis se apropien do común, ourizos, navallas, longueirons, nécoras, centolas e todo o que lle de ao rabo, mentras a poboación sufre multas se asoma o peteiro.

Basicamente trátase de abrir novas ilusións. Xa hai muitos territorios masificados e gastados pola presencia de turistas. Un trasvase potencial.
Un modelo onde o verde impere para aqueles que so podan pagar. Un rico compra unha illa como compra Carnota.

Se miramos a renta per cápita dos destinos máis turísticos vemos como baixa a pasos axigantados, eso supón que o turismo é unha tubería con furados que non rega a todo mundo por igual. As terras pasan do uso agrícola ao industrial; non hai que olvidar que o turismo é unha industria, deste xeito cando se chega ao tope de crecimiento a economía estancase, empobrecese e ti xa non tes terra nin cartos. Emigra.

Casas valeiras todo o ano,que a xente non está, pero faceremos máis segundas vivendas para que sexa plenamente fantasmagórico, coma Louro.

A presión sobre o territorio crea conflicto e frustración, ao turismo hai que sumar eólicas e piscifactorías, que a dia de hoxe deixan dous ou tres empregados,por muito que digan o contrario.

O que se pensou e se pensa para a Costa da Morte, xa o din todolos estudos que un quira ler, pasa pola ocupación de gran extensión territorial con escasa repercusión económica na poboación.

Sí, este é un país de suicidas, sempre matamos a galiña para os invitados e nós comemos as plumas. Eu xa non tomo os viños onde sempre.. están moi estresados e non ten tempo para min. A maior parte dos restaurantes son prohibitivos para a poboación local, ten prezos de turista.

Sempre nos quedará o inverno.

Así que as xeracións futuras que se preparen a vivir na multiculturalidade social do urbanita pero na asfixia económica rural-local.

Cando foi da pandemia o goberno alemán falou mui clarito co español… abre fronteiras que teño turistas desesperados… e abriu. Somos un jodido almacén.

Na zona mediterránea o abandono escolar é altísimo e a precariedade laboral inasumible. Se houbera que pagar soldos, para cubrir as necesidades vitais e os impostos da seguridade social, os empresarios do turismo pensarían duas veces o de abrir locales a tutiplé, pero resulta barato pagarlle a un licenciado por ser camarero ou recepcionista “y si la cosa va mal… que me rescaten”..

Non sei cantos alcaldes leva Carnota. O que sí sei é que Carnota non ten un plan B… vaise deixando levar e os anos pasan e cada vez somos menos dentro desta maravilla xeográfica. Non fai falta máis que ler as cifras da Praia das Catedrais, para darse conta de que os territorios son salvaxemente forzados e alguén está mirando para outro lado. Para o lado equivocado. Os cataláns levaron a sardiña e nós os cartos… agora non temos sardiñas nin cartos. Non vos soa de novo a Castelao... Uii!!!

Se queredes das caravanas falamos outro día… na taberna… que é onde se arreglan os asuntos.

  • Nando Lestón: artista, pintor e escultor que vive en Carnota.

Comentarios