Quedan prazas vacantes no CS Dual de Automatización e robótica industrial do IES Fernando Blanco
20 de xullo de 2021 (20:39 h.)
No IES Fernando Blanco hai prazas vacantes no CS DUAL de Automatización e robótica industrial. Unha fantástica oportunidade de formarse nunha aprendizaxe eminentemente práctica, cunha taxa de empregabilidade altísima.
As persoas interesadas teñen que reunir os requisitos de acceso a un ciclo superior e poden cumprimentar o impreso de solicitude que está dispoñible na páxina web do instituto) e aportar a documentación que alí se indica.
Para ter máis información poden chamar ao 881880467.