Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Cee

O IES Fernando Blanco lembra toda a súa oferta de Ciclos

Ademais das formacións para Adultos, o IES Fernando Blanco lembra a súa oferta de ciclos formativos, unha vez que o prazo de inscrición abre este venres 25 de xuño, e estará aberto ata luns 5 de xullo de 2021 ás 13:00 horas para o réxime ordinario e do venres 25 de xuño ata mércores 2 de xullo ás 13:00 horas para o réxime Dual.

Ass persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes de admisión nos ciclos formativos que se ofertan no IES Fernando Blanco de Cee para o curso 2021-2022:

  • Ciclo de grao superior de Administración e finanzas.
  • Ciclo de grao superior de Automatización e robótica industrial. (Réxime DUAL)
  • Ciclo de grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas.
  • Ciclo de grao medio de Electromecánica de vehículos automóbiles.
  • Ciclo de grao medio de Xestión administrativa.
  • Ciclo de grao medio de Mantemento electromecánico.

Todas as solicitudes faranse online, polo que se poderán facer desde a casa. E despois presentar algunha documentación no instituto.

Na páxina web do instituto teñen a información de acceso ou no teléfono 881880467 tamén recibirán toda a información relacionada co acceso a ciclos formativos de Formación Profesional.

Aquí, vos deixamos con algún outro vídeo de promoción que teñen realizado:

 

Novas relacionadas

O IES Fernando Blanco lembra toda a súa oferta de Ciclos