O pleno de Cee enrédase en leas persoais
O do pasado 27 de setembro volveu ser un pleno bronco. Tras varios puntos, o diálogo cordial transformouse en leas persoais entre a rexedora Margot Lamela e o voceiro do BNG Serxio Domínguez. No termo de rogos e preguntas o voceiro do BNG preguntaba se na presentación das Xornadas sobre Caneliñas había algún informe técnico que avaliaba a asistencia dun cento de persoas dentro instalacións da antiga baleeira. Unha fábrica abandonada, con evidente risco de desprendementos das paredes ou dos teitos de uralita, cheos de amianto contaminante.
Ante a resposa da rexedora de que non había informe ningún máis que o permiso da propiedade, Serxio Domínguez Louro, considerou que lle parecía unha temeridade.
A resposta da rexedora foi a de lamentar iroricamente a non presenza no acto (celebrado ás 10:00h dun día laborable), ao que mesmo acusou de non asistir a actos culturais. A cousa complicouse aínda máis cando ante a instistencia do edil de pedirlle que se ceñise á resposta e non o acusase persoalmente, a rexedora chegou a acusalo de "machista", ao que Domínguez respondeu vehemente que "el fai oposición e respecta á rexedora igual que a resto" de mandatarios e mandatarias que pasaron pola alcaldía.
Os descrito pódese ver no pleno colgado en Youtube, na seguinte ligazón, entre os minutos 33.50 e 44.30.