Os consellos para pasar a corentena dos que pasaron unha temporada na prisión de Teixeiro
22 de abril de 2020 (13:58 h.)
Poucos saben mellor como levar unha longa época de confinamento como esas persoas que teñen pasado un tempo da súa vida en prisión. Dende a Fundación Érguete-Integración, no marco do Programa Reincopora, queren darlle voz neste momento tan singular, para que nos dean uns consellos para pasar o mellor posible a corentena, coas rotundas diferencias que eles mesmos matizan entre estar confinad@ na casa ou pres@.