sábado. 16.05.2026
El tiempo

Costa da Morte

#SoandoconForza: Coñecendo a Chapterhouse

hapterhouse é unha banda británica de shoegaze formada a finais dos anos 80 en Reading. Xunto con Slowdive, Ride e My Bloody Valentine, considéranse un dos grupos clásicos do shoegaze dos 90.

O seu disco máis importante é Whirlpool (1991), que actualmente celebra o seu 35 aniversario cunha nova xira internacional.Entre as súas cancións máis famosas están “Pearl”, “Mesmerise” e “Breather”.

Tamén existían moitas conexións entre as bandas daquela escena. Rachel Goswell, membro de Slowdive, colaborou facendo coros en temas de Whirlpool. Outra curiosidade é que Chapterhouse gravou unha versión de “Rain” de The Beatles, unha mostra clara da influencia da etapa máis psicodélica dos Beatles no son da banda.

En España tocaron  no Primavera Sound de 2010, durante a súa reunión temporal despois dun parón de arredor de 15 anos.

Actualmente seguen activos e están facendo a xira do 35 aniversario de Whirlpool, tocando o disco completo en directo por Reino Unido, América e outros festivais internacionais. 

CUESTIONARIOS DE MAIKEL PÉREZ CASTRO

 

#SOANDOCONFORZA

Orixinal vs Cover

MÁIS PARECIDOS RAZONABLES

CARA B

#SoandoconForza: Coñecendo a Chapterhouse