Espectacular mostra de agradecemento da veciñanza de Muxía aos que non poden quedar na casa

Cando unen forzas a vontade da cidadanía e as forzas de seguridade, a cousa soa así de potente. As rúas de Muxía xa ferven cada noite, ás 20:00h, con esa mostra cidadá de agradecemento a todos os que non poden escoller quedar na casa e teñen que seguir traballando poñendo en risco a súa vida e os da súa contorna.

Á iniciativa veciñal sumouse este venres a Policía Local e Protección Civil, e o Concello, que animou a través da súa activa páxina de Facebook a saír ás fiestras con potas (o éxito da cazolada ao Rei tivo consecuencias) para darlle un agrademento aínda máis potente. Dende as forzas de seguridade queren agradecer a colaboración da veciñanza, que tamén lle quixo dedicar este aplauso a eles, que seguen traballando arreo (por exemplo conseguindo todo ese material esterilizado para o HVdX)para que nós poidamos quedar na casa.

Sen tempo a descansar, na mañá sabatina, os efectivos de seguridade, e o alcalde, fixo  entrega de 1000 Traxes e 250 gafas ao HVdX. Ademais xa preparan xa unha 2 entrega co material dorado dos veciños e empresas

 


Material muxián

 

Novas novas do Coronavirus