Luns. 21.09.2020
El tiempo

Boas e malas prácticas no seguemento da corentena

Colas, respectando o espazo no supermercado Froiz de Cee
Colas, respectando o espazo no supermercado Froiz de Cee
Boas e malas prácticas no seguemento da corentena

Basta ollar na vila de Cee para analizar a reacción da sociedade ante esta crise sanitaria sen precedentes. Reaccións de todo tipo as se ve na nosa veciñanza. Boa parte son reaccións positivas, dando conta que unha porcentaxe alta da sociedade é responsabile e está concienciada. Así o demostran os usuarios que mercan o pan todos os días nalgunha panadería céntrica, mantendo a distancia de seguridade de máis dun metro, como na farmacia ou nos súpermercados, onde ademais non deixan entrar máis de 50 persoas a un tempo, e obrigan a manter a distancia de seguridade nas colas, ou os que saen ás fiestras ás 20:00h a aplaudir aos [email protected] en clave de agradecemento.

Pero tamén hai quen non entende que "quedar na casa" é iso, e non ir mercar ou a farmacia dando un longo paseo e parando a falar con todo o mundo. Segundo puidemos comprobar estes días hai demasiada xente que non tema o asunto en serio. É certo que hai menos tráfico e hai onde aparcar, pero ao mesmo tempo hai moito coche circulando, e ata algún bar insiste en abrir a media reixa para dar o viño diario…

No Centro Comercial só están abertos o supermercado e a panadaria, pero no Mercado Municipal non se toman demasiadas precaucións, e as xentes manteñen conversas en grupo. “É coma unha capsula do tempo da semana pasada”, sinala algún veciño. Tamén hai colas nalgúns bancos.

De aí que estes días xa escoitemos ás diferentes Policías Locais saíndo á rúa cun megáfono, instando ás persoas que non estean na rúa por motivos de extrema necesidade a voltar ás súas casas.

Novas relacionadas

comentarios