Sentémonos a falar do suicidio

O 10 de outubro é o Día Mundial da Saúde Mental. Este ano, está dedicado a un dos problemas máis importantes da nosa sociedade, que fica silenciado por un estrano silencio corporativo. A propia Organización Mundial da Saúde (OMS), identifica o suicidio e os seus intentos como un dos problemas máis graves de saúde pública.