A chegada do movemento Ultreya a Fisterra
11 de agosto de 2022 (08:30 h.)
Chegaban hai xusto un mes, e foron recibidos na fin da terra por toda a xente dos Rapacollóns. O pelotón do Movemento Ultreya protagonizou un Camiño de Santiago deixando a súa pegada aló por onde pasaba.
En Fisterra, os Rapacollóns investirán os fondos que deixe a caravanara peregrino-solidaria nunha campaña para o comercio local.
"Fisterra ten un imán especial", explicaban, os membros do pelotón, entre os que se atopaba o embaixador costeiro, Álex Bello, moi emocionado durante a chegada.