Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os Rapacollóns preparan un Entroido de Verán aderezado con solidariedade

Movemento Ultreia-Foto-Antonio JR
O pelotón solidario do Movemento Ultreia ciclando cara a fin a terra-Foto-Antonio JR
Os Rapacollóns preparan un Entroido de Verán aderezado con solidariedade

Mestúranse troula e solidariedade esta fin de semana na vila do Cristo. Os Rapacollóns Big Band, esa asociación nacida como Afección do SAD Fisterra (e escollida en innumerables ocasións como a Mellor Afección da Costa pero que abrangue moito máis.

Aí está a súa batukada, que dende o pasado sábado no Asalto, xa non para ata setembro de tocar e tocar pola provincia. A parada máis esperada chega este sábado 9 de xullo: o Entroido de Verán, esa magnífica idea de poder celebrar a festa máis fermosa do ano a 20º de temperatura.

Pero tamén ten vea social e solidaria a entidade, que terá un punto importante este domingo. Ese día, pasadas as 13:00h, chegará o pelotón do Movemento Ultreia, unha Asociación Solidaria que fai o Camiño de Santiago, deixando un pequeno agasallo en forma de fondos ás entidades sociais de cada vila. No caso de Fisterra, Ultreia escolleu aos Rapacollóns, que investirán os fondos que deixe a caravanara peregrino-solidaria nunha campaña para o comercio local.

Alex no Movemento Ultreia-Antonio JR
Alex Bello no Movemento Ultreia-Antonio JR

A do domingo, entre Dodro e Fisterra a última etapa dun camiño que fará 1.500km polas estradas da península. E co grupo vai, de embaixador da Costa da Morte un ourensán casado en Camariñas. Alex Bello é amante das dúas rodas, pero tras 1000 km xa lle vai chegando... “Nunca estivera nunha recta de 14 km, con 2 horas seguidas co aire en contra”, explica sorprendido tras varias etapas polas estepas castelás.

"Estou moi agradecido, sorprendeume moito todo. Hai moita xente que paga por facelo, porque ao final non deixa de ser un camiño de Santiago, e eu estou disfrutándoo a tope, falando con xentes de Salamanca, Sevilla, Extremadura… coa que vas convivindo e aprendendo, dende xente nova ata algún embaixador de 70 anos, que andan na bici pero despois contan unhas historias fantásticas”, explica.

En calquera caso, xa está desexando pisar terras costeiras e poder facer de embaixador. “Aínda que me gusta a bicileta, xa me vai chegando”, asegura tras máis de mil kilómetros nas súas pernas.

Programa do Entroido de Verán

Antes da chegada do pelotón solidario, o sábado será día de festa en Fisterra. A partir das 11:00h arrincan os pasarrúas, para que as 12:00h se poidan disfrutar do magnífico concerto infantil de Pakolas e a súa viaxe pola historia en clave de R&R, na Praza da Constitución. A partir das 16:00h, na Ribeira e na Praza Esmorís Recamán haberá inchables, e a partir das 18:00h concerto na Ribeira cando se abran as barras. A Mekánika Roll Band sairá polas rúas coa súa música ás 19:00h, e o pregón, da poeta Mónica Góñez será ás 20:00h. A partir das 20:30h, grande Desfile de Disfraces, para chegar á Praza ás 21:30h onde se fará a entrega de premios. A patir de aí, festa!!.

ENTROIDO DE VERÁN FISTERRA 2022

Comentarios