As Escolas Luís Calvo, 20 anos formando canteira

As Escolas Luís Calvo Sanz cumplen 20 anos. Un perfecto exemplo que demostra que unha comarca como a de Bergantiños pode ter un proxecto de canteira tan importante como a das grandes cidades.

Arredor de 200 nen@s dende os 3 ata os 12 anos (cando se integran na base do Bergantiños CF) disfrutan do seu deporte favorito nos campos das Eiroas, pero tamén aprenden da man de 15 adestradores e monitores, valores sociais, de compañerismo, de esforzo, aprenden a saber erguerse unha e outra vez.

O Secretario Jesús Capelán, o Coordinador David Iglesias e o responsable de tecnificación Borja Facal explican como funciona estas Escolas nesta reportaxe de Sensor Media e QPC.