Rizoma: Lola Rontano debulla a loita contra a mina de ouro de Corcoesto
25 de abril de 2026 (10:17 h.)
Comezamos o repaso á presenza costeira na serie de vídeos documentais "Rizoma", que está publicando a Federación Ecoloxista Galega.
Comezamos pola primeira entrega, arredor da minaría, na que a nosa Lola Rontano representa ao traballo realizado dende a veciñanza e dende o colectivo Contramínate na loita contra a mina de ouro de Corcoesto.
A conversa conta tamén coa participación de Joám Evans da Fundación Montescola (mina de San Finx), Isabel García (Mina Touro – O Pino Non).