xoves. 14.05.2026
El tiempo

Laxe

Rizoma: Lola Rontano debulla a loita contra a mina de ouro de Corcoesto

Comezamos o repaso á presenza costeira na serie de vídeos documentais "Rizoma", que está publicando a Federación Ecoloxista Galega.

Comezamos pola primeira entrega, arredor da minaría, na que a nosa Lola Rontano representa ao traballo realizado dende a veciñanza e dende o colectivo Contramínate na loita contra a mina de ouro de Corcoesto.

A conversa conta tamén coa participación de Joám Evans da Fundación Montescola (mina de San Finx), Isabel  García (Mina Touro – O Pino Non).

Lola Rontano, xunto coa bergatiñá Nela Abella, aparece tamén na segunda entrega da serie, que afonda na presenza da muller nos colectivos medioambientais.

Rizoma: Lola Rontano debulla a loita contra a mina de ouro de Corcoesto