O CEIP Milladoiro abre portas da súa premiada Biblioteca
10 de febreiro de 2022 (11:31 h.)
Tempo de escoller o cole dos pequenos que rematan o tempo das escoliñas e dan o salto aos CEIP. E os centros de ensino queren abrir as súas portas para que as familias coñezan como traballan, e se animen a criar ás súas nenas nos nosos colexios rurais, todo un tesouro.
Xa demos conta da Xornada de Portas abertas do CEIP Bormoio-Agualada, e hoxe imos ata Malpica para coñecer por dentro o CEIP Milladoiro.
O centro invita ás familias a achegarse os días 21 e 22 de febreiro, para o que poden solicitar cita previa en ceip.milladoiro@edu.xunta.gal ou chamar por teléfono: 881880736.
Entre as cousas das que máis fachendea o centro malpicán está a súa premiada Biblioteca, pero son moitas máis as cousas das que sentirse orgullosa.
Novas relacionadas
- O CEIP Bormoio-Agualada abre as súas portas para recuperar alumnado.
- Unha visita editorial á Biblioteca do CEIP Milladoiro para premiar a súa #ExperienciaLectora.