A veciñanza de Corme restaura, cos seus propios medios, os muíños da parroquia
Non precisan de administracións nin institucións. A veciñanza de Corme válese por si soa para rescatar unha ducia de ucraínos da guerra ou para restaurar o seu patrimonio. Xa o fixeron co muiño de Perillán, e desta volta estan traballando nun completo proxecto de recuperación dos muíños da parroquia.
Fano con fondos e doazóns de materiais dos propios veciños, residentes e emigrados, coa intención de recuperalos para poder aproveitalos de cara á divulgación entre os máis novos, para que coñezan como eran as vidas dos nosos ancestros.
Fano ademais coa política da mínima intervención, intentando recuperar o funcionamento orixinal, como xa acontece no muíño de Froxán, case listo ata para moer. O mesmo camiño seguirán o muíño da Silva, o de Va, o das Rosarias e tamén o de Perillán.
Outra demostración a que nos brinda a veciñanza de Corme de que a cidadanía activa pode con todo, como este novo proxecto social marabilloso.
Novas relacionadas
- 2022: Corme dá unha calurosa benvida á súa ducia de ucraínos.
- 2021: A veciñanza de Corme restaura o muíño de Perillán.