Venres. 29.03.2024
El tiempo

A veciñanza de Corme restaura o muíño de Perillán

Restaurando o muino de Perillan en Corme 1
Restaurando o muino de Perillan en Corme 1
A veciñanza de Corme restaura o muíño de Perillán

Non para a veciñanza de Corme. Estes días son dúas as accións veciñais, coordinadas pola AVV Eduardo Pondal, que ten máis dunha vintena de persoas atarefada para mellorar as infraestruras do lugar cormelán. Unha veciñanza que mesmo tivo que andar pedindo cartos polas casas para desenvolver estas dúas accións, ante a falta de apoio municipal.

Por unha banda, estes días están rehabilitando, a man, o muíño do Perillán. Trátase dunha pequena zona recreativa situada entre Corme Adela e Corme Porto, xa parcialmente recuperada hai 4-5 anos, que segue vivindo melloras. A Asociación púxose en contacto cos 21 propietarios dos terreos para seguir poñendo en valor o lugar, primeiramente rehabilitando o muíño, e pensando en facer unha fermosa instalación cun carro de vacas.
Tamén instalarán 5 casetas de paxaros, doadas por unha carpintería de Ponteceso, Javier Pérez Cancela, e un anónimo, ás que lle darán nomes de topónimos de Corme Aldea.
Intentan chegar para poder inaugurar a área o 19 deste mes, que coincide coa festa de San José, que sempre se celebra (este ano non, claro), en Corme Adela.

Restaurando o muino de Perillan en CormeCasetas de paxaro pontecesas

Unha vez que finalicen a obra no Perillán, poranse coa instalación da pedra do Padova no merendeiro do Cabo, unha vez que veñen de recibir o permiso da Xunta. A embarcación Padova foi recuperada o pasado verán, e a idea é utilizala nas festas populares. Contan con que a Xunta instale un cartel informativo cos naufraxios da zona de Corme, ademais da historia do Padova.

A pedra que levaba o barco, un encgaro importante, lucirá no Cabo.

Novas relacionadas

Comentarios