Emerxe unha estrela: Sabela Nogueira gaña o certame Tíralle da Lingua

Xa levou o curso pasado un premio literario. Xa ten realizado recentemente un vídeo polo 25N que estremece. E agora vén de gañar o primeiro premio no XXIV concurso de relato oral Tíralle da Lingua, na modalidade de 2º Ciclo de ESO e Postobrigatorio, outorgado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega para normalizar o uso oral da nosa lingua entre a xente máis nova..

Ela é Sabela Nogueira, natural de Ponteceso e alumna do IES Maximino Romero de Lema de Baio, unha desas persoas que non fan falta escoitala máis de 10 segundos para saber que vai triunfar, que vai ser o que queira na vida.

Máis novas