211 autónom@s e empresas solicitaron as axudas do COVID do Concello da Laracha
31 de xullo de 2020 (12:12 h.)
Cunha partida municipal de 220.143,94 euros o Concello da Laracha vai axudar aos 211 autónom@s e empresas que solicitaron as axudas municipais do fomento de emprego post-confinamento.
Nos próximos días os técnicos do Concello revisarán todas as solicitudes para comprobar que cumpren os criterios establecidos nas bases da convocatoria como paso previo á concesión das axudas.
Os beneficiarios percibirán ata un máximo de 2.100 euros, cunha contía fixa inicial de 600 euros que se incrementará en 300 euros máis por autónomo ou empregado ata o citado tope.
Novas relacionadas
- O Plan de Axudas polo COVID da Laracha: de 600 a 2.100€ por autónomo.
- Entrevista con López Varela: “A mellor medida de reactivación económica é a obra pública”.