Xoves. 09.07.2020
El tiempo

López Varela: “A mellor medida de reactivación económica é a obra pública”

López Varela: “A mellor medida de reactivación económica é a obra pública”

Este martes 9 de xuño de 2020 mantivemos unha nova entrevista nesta rolda de alcaldes e alcaldesas que estamos desenvolvendo nos #DirectosQPC. Hoxe paramos na Laracha para falarmos co popular José Manuel López Varela, pensando en como as administracións locais poderán axudar a paliar toda esta crise que se nos vén enriba.

López Varela comezou describindo como foi a xestión da pandemia lembrando as historias tristes cas familias máis desfavorecidas pero tamén os mellores exemplos de solidariedade demostrados polas asociacións, particulares e negocios.

En clave económica, o rexedor manifestou que o Plan de Axudas Municipais ten as bases xa elaboradas, pero espera ás directrices das axudas do Ministerio (“as da Xunta xa están claras”) para non solaparse. Espera reaxustar os gastos non realizados e poder ampliar a partida de 220.000€ destinada inicialmente ao Plan.

Pide ademais poder utilizar todo o remanente municipal pero considera inxusto que se siga culpando a Montoro cando xa levan anos solicitando un cambio nesa política co goberno socialista. Ademais, denunciou que ese remanente bloqueado “vaise utilizar para xustificar débeda pública”, e espera que os bancos, aínda por riba de ter paralizado eses cartos, non lles cobren unha taxa por telos aí.

Pero en todo caso, considera que a “mellor medida de reactivación económica que pode facer un concello é a obra pública”.

Para o Polígono da Laracha, “unha das zonas industriais con maior potencial da provincia”, hai varias medidas en marcha, dende a bonificiación do ICIO, ou do IBI, vinculado ao mantemento de emprego, como a petición á SEPES (Ministerio) que baixe os prezos que ten Xestur (Xunta), para que os polígonos colindantes non compitan en función das administracións que organicen.
Ademais, vaise promover a ampliación de 400.000m2 polo lado de Lendo, e xa se avanzaron varias modificacións urbanísticas para que as ordenanzas municipais permitan, por exemplo, instación de empresas de loxística.

Apuntou que si vai haber campamentos de conciliación pero en grupos reducidos, pero deixou claro que “non creo que haia verbenas es verán, non é o momento para arriscar”.

Sobre o vertedoiro de neumáticos que hai en Lendo, recordou que a licitación da Xunta foi por 2,7 millóns e que se están cubrindo os prazos de execuión para eliminar as case 35.000 toneladas que se chegaron a acumular.

Falou tamén das tres bandeiras azuis que ten o Concello e recoñeceu que é “un plantexamento político” o que decide se un Concello fai o esforzo ou non. A praia de Caión contará con 8 socorristas, ademais.

E para rematar recoñeceu que o proceso de renovación de 36 rúas e 6 prazas foi un exemplo de democratización, para solventar problemas de confusións e para cumplir a Memoria Histórica.

 

Todos os #DirectosQPC

Rolda de alcaldes e alcaldesas nos DirectosQPC

comentarios