As centenarias da Laracha seguen cumprindo

Celebrando o 101 aniversario de Josefa Esperanza Vázquez Castiñeiras, en Paiosaco

Cumplen anos as persoas centenarias da Laracha e o concello non perde ocasión para felicitalas. A semana pasada era Francisca Prego Arcas, veciña de Curuxido (parroquia de Soandres), a que se unía á categoría celebrando o seu 100 aniversario.

Francisca Prego Arcas celebrando o seu 100 aniversario

Onte, o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Rocío López, achegáronse a Paiosaco para parabenizar polo seu 101 aniversario á señora Josefa Esperanza Vázquez Castiñeira, coñecida como Pepa. Naceu o 21 de outubro de 1924 e aínda reside nesa localidade, actualmente na rúa Porta Santa xunto ás súas fillas. O seu estado de saúde, e tamén a súa mobilidade, son excelentes para a idade que ten.

É a quinta persoa máis veterana entre as preto de 12.000 que están empadroadas no termo municipal da Laracha, e está entre as 11 persoas con máis dun século de vida residentes na Laracha, nove delas mulleres e dous homes.