xoves. 06.08.2026
El tiempo

Licitan o equipamento e mobiliario do novo edificio interxeracional da Laracha

2026.08.05.- Edificio Interxeracional
2026.08.05.- Edificio Interxeracional
Licitan o equipamento e mobiliario do novo edificio interxeracional da Laracha

Avanza o proxecto do Edificio Interxeracional da Laracha. O antigo Edificio de Servizos Múltiples, situada na Avenida López Astray, en pleno centro da Laracha, vive unha completa rexeneración (cun investimento de 1,1 millóns de euros), para convertelo nun espazo social pensado para as persoas de todas as idades, que acollerá unha ampla programación de actividades.

O seguinte paso é licitación, mediante procedemento aberto, do contrato para o subministro do equipamento do novo . O orzamento máximo ascende a 173.735,33 euros e o prazo de presentación de ofertas permanecerá aberto ata o 20 de agosto. 

A contratación divídese en catro lotes. O primeiro comprende o subministro do mobiliario e do equipamento xeral do edificio; o segundo está destinado ao equipamento informático; o terceiro inclúe o equipamento da aula dixital, e o cuarto contempla a dotación do estudo de gravación, un espazo pensado para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa creación de contidos audiovisuais e dixitais.

Tanto esta contratación como a propia obra de transformación do antigo Edificio de Servizos Múltiples no novo Edificio Interxeracional están financiadas con fondos procedentes do Instrumento Europeo de Recuperación (Next Generation EU) e con cargo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR).

Comentarios