A Laracha expón as súas marabillas con visitas guiadas

Paseo polo río Acheiro no marco das visitas ao museo Golmar

Están funcionando moi ben as visitas guiadas Museo dos Muíños de Golmar, que inclúen un roteiro polo río Acheiro. Este xoves realizouse a primeira, coa presenza de 40 participantes. Quedan prazas dispoñibles para as xornadas dos xoves 17 e 24 de agosto en horario de 10:00 a 13:00 horas. A inscrición, gratuíta, debe formalizarse na oficina de información turística de Caión, enviando un e-mail a turismo@alaracha.gal ou chamando ao 981604324.

Visitas por Caión

O Concello volve ofertar dúas visitas guiadas polos puntos máis destacados de Caión co obxectivo de coñecer o seu presente e tamén o pasado.
O percorrido levará aos participantes polo exterior do Pazo de Graxal, o Rueiro das Figueiras, o barrio de San Roque, o porto, a igrexa da Nosa Señora do
Socorro, a reitoral e tramos do paseo marítimo e Sendeiro de Saldoiro. O remate será no museo do Arquivo da Pesca, situado no baixo da Confraría de Pescadores.

Para poder participar non se require inscrición previa. O punto de encontro desde o que se iniciará o percorrido é a Praza Eduardo Vila Fano os sábados 19 e 26 de agosto ás 12:00.