Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Laracha expón as súas marabillas con visitas guiadas

2023.08.10.- Actividade museo Golmar (2)
Paseo polo río Acheiro no marco das visitas ao museo Golmar
A Laracha expón as súas marabillas con visitas guiadas

Están funcionando moi ben as visitas guiadas Museo dos Muíños de Golmar, que inclúen un roteiro polo río Acheiro. Este xoves realizouse a primeira, coa presenza de 40 participantes. Quedan prazas dispoñibles para as xornadas dos xoves 17 e 24 de agosto en horario de 10:00 a 13:00 horas. A inscrición, gratuíta, debe formalizarse na oficina de información turística de Caión, enviando un e-mail a [email protected] ou chamando ao 981604324.

2023.08.10.- Actividade museo Golmar (1)

Visitas por Caión

O Concello volve ofertar dúas visitas guiadas polos puntos máis destacados de Caión co obxectivo de coñecer o seu presente e tamén o pasado.
O percorrido levará aos participantes polo exterior do Pazo de Graxal, o Rueiro das Figueiras, o barrio de San Roque, o porto, a igrexa da Nosa Señora do
Socorro, a reitoral e tramos do paseo marítimo e Sendeiro de Saldoiro. O remate será no museo do Arquivo da Pesca, situado no baixo da Confraría de Pescadores.

Para poder participar non se require inscrición previa. O punto de encontro desde o que se iniciará o percorrido é a Praza Eduardo Vila Fano os sábados 19 e 26 de agosto ás 12:00.
 

Comentarios