A Laracha segue analizando a crise migratoria en Croacia

José Manuel López Varela con Ognian Zlatev, representante da Unión Europea en Croacia
José Manuel López Varela con Ognian Zlatev, representante da Unión Europea en Croacia

Tralo paso por Malta, por Bulgaria, Lituania e tamén por Laracha, o alcalde larachés José Manuel López Varela está estes días en Croacia no marco do proxecto europeo “Strengthening a Europe of solidarity in times of migration (Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración)”.

A expedición internacional, formada por 20 socios –municipios e entidades- procedentes de dezanove países europeos diferentes, está estes días traballando en rede nas vilas de Zagreb e Gornja Rijeka, para intentar comprender a actual problemática da crise migratoria en diferentes puntos de Europa e cooperar na procura de respostas á mesma desde os valores da integración, o diálogo e a reflexión social.

Durante a primeira xornada describiron a realidade sociocultural croata, con especial protagonismo para a historia de vida dun doutor libanés Issam Dbouk que leva dez anos residindo en Croacia, país ao que chegou como refuxiado Pola súa parte, a entidade neerlandesa compartou o seu proxecto de integración de inmigrantes.

Na segunda xornada, os representantes locais explicaron as dificultades do país para conter as migracións debido tanto á situación xeográfica como á orografía do terreo e a ser o estado membro da UE con máis quilómetros de fronteiras. Tamén lembrou que Croacia é o membro máis novo da UE, á que se incorporou o 1 de xullo de 2013.
Unha das citas máis impactactes foi a que compartiron testemuñas vitais de persoas inmigrantes plenamente integradas na sociedade croata, unha delas turca e outra, mexicana.

O proxecto Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración finalizará a mediados de xaneiro co quinto e último evento a celebrar Venecia.

Novas relacionadas