Martes. 05.11.2024
El tiempo

Laracha afonda en Malta o papel europeo na inmigración

2021.10.01.- O alcalde, co ministro de Igualdade de Malta (primeiro pola dereita)
O alcalde da Laracha
Laracha afonda en Malta o papel europeo na inmigración

Ata se desprazou esta pasada fin de semana unha expedición larachesa para participar no terceiro evento do proxecto Strengthening a Europe of solidarity in times of migration(Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración). Un proxecto liderado polo concello bergantiñán que conta como socios con 20 municipios e entidades de 19 países europeos diferentes.

A temática deste programa céntrase en acadar respostas á crise migratoria que se vive actualmente en Europa a través do Mediterráneo, desde os valores da comprensión, a integración e a creación de novos puntos de vista para comprendela e afrontala.

Na primeira xornada puideron coñecer os diferentes centros de acollida de inmigrantes, afondando na problemática da súa chegada masiva e os procedementos que se seguen desde que arriban en pateiras á costa maltesa. Os socios do proxecto tamén asistiron ás ponencias ofrecidas por Alexander Tortell, xefe da oficina de integración, e Glen Cachia, o responsable de reunificación familiar da Cruz Vermella de Malta.

Os últimos eventos serán en Croacia a finais de novembro e en Venecia a principios de ano 2022.

Comentarios