A Laracha segue analizando a crise migratoria en Croacia

Tralo paso por Malta, por Bulgaria, Lituania e tamén por Laracha, o alcalde larachés José Manuel López Varela está estes días en Croacia no marco do proxecto europeo “Strengthening a Europe of solidarity in times of migration (Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración)”.
A expedición internacional, formada por 20 socios –municipios e entidades- procedentes de dezanove países europeos diferentes, está estes días traballando en rede nas vilas de Zagreb e Gornja Rijeka, para intentar comprender a actual problemática da crise migratoria en diferentes puntos de Europa e cooperar na procura de respostas á mesma desde os valores da integración, o diálogo e a reflexión social.
Durante a primeira xornada describiron a realidade sociocultural croata, con especial protagonismo para a historia de vida dun doutor libanés Issam Dbouk que leva dez anos residindo en Croacia, país ao que chegou como refuxiado Pola súa parte, a entidade neerlandesa compartou o seu proxecto de integración de inmigrantes.
Na segunda xornada, os representantes locais explicaron as dificultades do país para conter as migracións debido tanto á situación xeográfica como á orografía do terreo e a ser o estado membro da UE con máis quilómetros de fronteiras. Tamén lembrou que Croacia é o membro máis novo da UE, á que se incorporou o 1 de xullo de 2013.
Unha das citas máis impactactes foi a que compartiron testemuñas vitais de persoas inmigrantes plenamente integradas na sociedade croata, unha delas turca e outra, mexicana.
O proxecto Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración finalizará a mediados de xaneiro co quinto e último evento a celebrar Venecia.
Novas relacionadas
- Outubro 21: Laracha afonda en Malta o papel europeo na inmigración:
- Laracha participa nun proxecto Europeo en Bulgaria
- Febreiro 20: Laracha sumérxese na realidade dun centro de refuxiados de Lituania,
- Febreiro 20: Laracha aporta respostas en Lituania á crise migratoria.
- O proxecto Europeo ACADAS reúnese en Grecia baixo a coordinación de Aspaber