María Nieves, a nova centenaria da Laracha
23 de xullo de 2024 (09:05 h.)
Xa son 5, todas mulleres, centenarias da Laracha. O pasado sábado 20 de xullo, tocoulle á señora María Nieves Liñares Don cumprir os 100 anos de idade. Natural de Cerceda, reside desde hai case unha década en Cendón, na larachesa parroquia de Erboedo, xunto á súa filla Aurelia e o seu xenro Antonio.
A familia celebrou esa data tamén coa presenza da única neta de María Nieves -María Jesús- o marido desta -Tonio- e os dous bisnetos -Martín e Rubén-.
Máis novas sobre persoas centenarias