Asunción únese ao club de centenarias da Laracha
11:23 24/05/22
O pasado venres (20 de maio), Asunción Varela Ramilo cumpriu os 100 anos de idade. Natural da Fraga (parroquia de Coiro), reside desde hai máis de medio século en As Torres de Cillobre, moi preto do núcleo urbano da capital municipal.
O seu estado de saúde é envexable para a súa idade, tanto que a filla que reside con ela, Pura Verdía, afirma que fai dous paseos diarios ata A Laracha ela soa.
A señora Asunción ten cinco fillos, sete netos e nove bisnetos. Todos eles xuntáronse nun restaurante a pasada fin de semana para celebrar o seu aniversario, festa á que tamén acudiron o seu irmán Francisco, de 96 anos e residente na Coruña, e unha sobriña que veu expresamente desde Palma de Mallorca para felicitala.
Asunción únese así ao censo de centenarias da Laracha, que ten 9 veciñas e 1 veciño con máis dun século de vida.
Novas sobre centenari@s
- Maio 22: Benedicta súmase ao club de centenarias de Santa Comba.
- Abril 22: María Parada cumpriu 101 anos en Carnota
- Marzo 22: Dorinda fixo 100 anos
- Xaneiro 22: Primitiva Pazos, a nova centenaria de Vimianzo
- Maio 21: Maripepa, a avoa de Santa Comba, cumpre 107 anos