Elisa, unha nova centenaria na Laracha
15:46 21/03/23
Xa 9 as mulleres 2 os homes da Laracha que superan o século de vida. A última que se une ao club dos centenarios é a señora Elisa Añón Pereiro, que cumpría o 100 aniversario este pasado 20 de marzo.
Elisa é natural de Penso, na parroquia de Coiro, lugar no que residiu toda a vida ata que se trasladou hai pouco tempo ao Igrexario de Lestón para compartir vivenda cos seus dous fillos, Isabel e Luciano, e co seu xenro Domingo. Tamén ten catro netos e catro bisnetos. O próximo domingo xuntarase toda a familia para celebrar o cen aniversario nunha festa na que se agarda a presenza de medio centenar de persoas.
Novas sobre centenari@s
- Marzo 23: Dolores Rojo Pazos, a nova centenaria de Malpica
- Decembro 22: Gumersinda Castro únese ao club dos 100 anos
- Xullo 22: ‘Che de Xacobe’ súmase aos Centenarios de Bergantiños
- Maio 22: Asunción únese ao club de centenarias da Laracha.
- Maio 22: Benedicta súmase ao club de centenarias de Santa Comba.
- Abril 22: María Parada cumpriu 101 anos en Carnota
- Marzo 22: Dorinda fixo 100 anos
- Xaneiro 22: Primitiva Pazos, a nova centenaria de Vimianzo
- Maio 21: Maripepa, a avoa de Santa Comba, cumpre 107 anos