A parroquia cabanesa de O Esto prepara o San Xoán
02 de xuño de 2011 (09:15 h.)
As Festas de O Esto coinciden co San Xoán. Así que para celebralo, a parroquia cabanesa comeza as festas o xoves 23 de xuño cunha gran sardiñada. Será a orquestra Nueva Generación a que poña a verbena, e El Parga - Tío Pío o que poña o humor.
Para o venres 24 de xuño toca pasarrúas e bailes pola mañá, sesión vermú e verbena coa Trole, ademais dunha actuación sorpresa.
E para o domingo 25 de xuño, poderemos de escoitar e bailar cos Jaiteiros da Coteleira.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).