Domingo. 28.04.2024
El tiempo

As parroquias ceenses de Pereiriña, Xallas e Brens preparan as súas festas

As parroquias ceenses de Pereiriña, Xallas e Brens preparan as súas festas

Triple festa en cernes nas parroquias de Cee.

Festa Campestre da Pereiriña

Domingo 5 de xuño, Festa Campestre na honra de San Pedro Mártir. Haberá misa a partir das 11:00h, Sesión Vermú coa Orquesta "Mayo". Pola tarde haberá pulpo, churrassco e carne ao caldeiro, que logo se baixarán con deporte. Pola noite toca verbena de novo coa Mayo.

Festas de San Antonio de Xallas (Cee)

Os vindeiros sábado 11 e domingo 12 de xuño toca festa en Xallas, na honra de San Antonio. A Orquesta Nebraska quentará motores para que a Panorama amenice, e de que xeito, a verbena do sábado.

Para o domingo, queda o pasarrúas da Banda de Gaitas O Rumbo de Sardiñeiro, con tradicional VI Gran Xuntanza Cabalar de San Antonio, a partir das 12:30h.

Festas do Corpus en Brens

O Corpus de Brens queda para o venres 24, sábado 25 e domingo 26 de xuño. O venres, a partir das 18:00h haberá festa infantil. A verbena do sábado durará ata as 7:00h da mañá coa Alkar e Triunfo. Pero iso si, a actuación estelar será a da Banda de Balbina que subirá ao escenario ás 0:30h.

Para o domingo queda procesión con traca, e sesión vermú e verbena co grupo Estrella.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios