A tradición, a superación, a inclusión e o heroismo, premiados na Gala dos Carballeses do Ano

Protagonistas dos Premios do Padroado Fogar de Bergantinos

Había unha marea de nomes ilustres entre os candidatos. E finalmente os gañadores dos Premios Carballés, Bergantiñán e Galego do Ano 2016 deixaron un sabor a historia, a cultura e a superación que demostran a incidencia destes premios. Uns galardóns que teñen case 40 anos de historia, que queren recoñecer a labor de persoas, entidades ou empresas que fan cousas pola nosa terra.

Este ano, o Padroado Fogar de Bergantiños quixo recoñecer a labor do tecido asociativo da comarca. Foron 3 as entidades premiadas, así como unha das mulleres do mundo cultural carballés máis queridas. A pintora Milagros Cotelo, todo un exemplo de superación persoal, compartiu o galardón de Carballesa do Ano coas Cantereiras de Verdillo, bravas mulleres que levan 25 anos, como eixo fundamental da música popular na comarca, recuperando e transmitindo a nosa música tradicional.

O premio do Bergantiñán do Ano recaeu na Asociación Íntegro, pola súa infindade de accións que realiza para a integración das persoas con mobilidade reducida da comarca no mundo laboral, así como polo traballo pola normalización da diversidade na nosa sociedade.

Ademais, e xa en clave de país, Salvamento Marítimo foi recoñecido como “Galego do Ano”, polo seu incansable labor como heroes salvavidas.

Milagros Cotelo, Carballesa do ANo 2016
Salvamento Maritimo, Galego do Ano 2016
As Cantareiras de Verdillo, Carballesas do Ano 2016
Sandra Isabel Souto Teijeiro e Rosa Lema Allo de Integro, como entidade premiada como Bergantiñán do Ano

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).