A tradición, a superación, a inclusión e o heroismo, premiados na Gala dos Carballeses do Ano
Había unha marea de nomes ilustres entre os candidatos. E finalmente os gañadores dos Premios Carballés, Bergantiñán e Galego do Ano 2016 deixaron un sabor a historia, a cultura e a superación que demostran a incidencia destes premios. Uns galardóns que teñen case 40 anos de historia, que queren recoñecer a labor de persoas, entidades ou empresas que fan cousas pola nosa terra.
Este ano, o Padroado Fogar de Bergantiños quixo recoñecer a labor do tecido asociativo da comarca. Foron 3 as entidades premiadas, así como unha das mulleres do mundo cultural carballés máis queridas. A pintora Milagros Cotelo, todo un exemplo de superación persoal, compartiu o galardón de Carballesa do Ano coas Cantereiras de Verdillo, bravas mulleres que levan 25 anos, como eixo fundamental da música popular na comarca, recuperando e transmitindo a nosa música tradicional.
O premio do Bergantiñán do Ano recaeu na Asociación Íntegro, pola súa infindade de accións que realiza para a integración das persoas con mobilidade reducida da comarca no mundo laboral, así como polo traballo pola normalización da diversidade na nosa sociedade.
Ademais, e xa en clave de país, Salvamento Marítimo foi recoñecido como “Galego do Ano”, polo seu incansable labor como heroes salvavidas.
Milagros Cotelo, Carballesa do ANo 2016 Salvamento Maritimo, Galego do Ano 2016 As Cantareiras de Verdillo, Carballesas do Ano 2016 Sandra Isabel Souto Teijeiro e Rosa Lema Allo de Integro, como entidade premiada como Bergantiñán do AnoNovas relacionadas
- Nominados 2017: Nomes ilustres entre os 20 nominados aos premios Bergantiñáns do Ano do Padroado.
- Bergantiñáns do ano 2016: Unha de Chocolate Mariño e un trío para os Premios de Carballés e Bergantiñán do Ano.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).