Axenda festexeira da primeira fin de semana de Verán con V
Non paramos. Tras unha completa noite de San Xoán xa volvemos a seguir pensando en clave de troula. Ademais nótase a entrada do verán pois xa son unha morea de festas que amenizarán a fin de semana. E lembren dende xa cada noite do sábado durante o verán estará aberta a Fervenza do Xallas.
Pero ante todas as propostas queremos destacar unha das citas máis importantes da Axenda Sonora da Costa da Morte. O Festival Con V de Valarés chega cargadísimo de boa música e moita festa. Xoel, Eme Dj, Guadalupe Plata ou Varry Brava son algúns dos que farán da praia pontecesá de Valarés o centro da música contemporánea de toda Galicia.
De feta en festa
E como dicimos esta fin de semana tocan unha morea de festas patronais. Comezando polas Festas na parroquia cabanesa de O Esto; Festas en Sardiñeiro e Festa na Praia Langosteira o sábado. Hai tamén Festas do Corpus de Brense mais as Festas na honra das Dolores en Gures; Festas do Sacramento de Traba; e tamén haberá Festas na Picota.
O vernes ademais haberá o tradicional cine de Corme, que desta volta chega con “La Buena Estrella".
Para o sábado quedan moitas destas festas, pero ademais teremos o SPS de Corcubión, a Feira do Pan e do Pemento en Ponteceso, un Festival de música e baile tradicional en Carnota, unha sesión teatreira en Muxía, e outra humorística en Cee.
Para o domingo, Baio vivirá a súa Carballeira.
Poden ollar todas as propostas socio cultural en www.axendacostadamorte.com.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).