Venres. 26.04.2024
El tiempo

Comeza o verán e a Fervenza do Xallas tamén abre pola noite

Comeza o verán e a Fervenza do Xallas tamén abre pola noite

Xa ninguén dubida que o alumeado nocturo da fervenza do Xallas, no Ézaro, supón un atractivo moi importante para o fomento das visitas e do turismo na nosa zona. E este ano manterase e o espectáculo poderase ver todos os sábados do verán ata o 17 de setembro en horario de 22:30 a 23:30h.

Este sábado 24 comeza o alumeado nocturno da fervenza, como xa nos confirmaba a empresa Ferroatlántica.

Dende o Concello queren destacar a colaboración de Ferroatlántica co Concello dumbriés en todos os temas deportivos e turísticos, en especial coa fervenza, xa que colaborou no arranxo da pasarela de acceso tralos estragos do temporal deste inverno.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Ferroatlántica.

Comentarios