Axudas europeas para saír do barco e montar un bar
Xa temos
Pero aínda temos camiño por percorrer, pois os GALP aínda seccionan a bisbarra. O antigo GAC, agora Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte, inicia unha serie de 8 xornadas informativas para as persoas interesadas no programa de axudas para o noso territorio do FEMP 2014-2020, destinadas o desenvolvemento sostible dos pobos costeiros, dotado cun total de 5.478.526 euros en axudas a fondo perdido para proxectos produtivos e non produtivos.
Do barco ao bar
Así, as zonas do norte da bisbarra (A Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía), acollerán xornadas informativas para amosar por onde van as liñas de actuación das subvencións. Unhas liñas europeas encamiñadas, dende hai anos, a alonxar á xente do mar pero mantelas vinculadas ao mar, é dicir, sacar os mariñeiros do barco e convertilos en hostaleiros. Así se entende a chamada “diversificación” a través da cal a Unión Europea pretende ir acabando pouco a pouco ca pesca de baixura.
Os destinatarios principais destas axudas son xente do mar, empresas transformadoras de produtos pesqueiros, hostaleiros, sectores auxiliares á pesca, empresarios e entidades de actividades náuticas ou relacionas co mar, asociacións do sector pesqueiro, redeiras, etc.
XORNADAS PROGRAMAS:CONCELLO | LUGAR | DIA | DATA | HORA |
MALPICA | CENTRO CÍVICO MALPICA | MÉRCORES | 18/05/2016 | 19.00 |
CAMARIÑAS | CASA DE PEDRA CAMARIÑAS | XOVES | 19/05/2016 | 12.00 |
CARBALLO | AUDITORIO DO FÓRUM | LUNS | 23/05/2016 | 20.00 |
VIMIANZO | CASA DA CULTURA VIMIANZO | LUNS | 30/05/2016 | 19.00 |
LAXE | LOCAL SOCIAL VALLE INCLÁN | MÉRCORES | 01/06/2015 | 19.00 |
LARACHA | CASA DA CULTURA A LARACHA | XOVES | 02/06/2016 | 20.30 |
PONTECESO | EDIFICIO ASOCIACIÓN VECIÑOS DE CORME | LUNS | 06/06/2016 | 19.30 |
MUXÍA | SALÓN DE PLENOS CONCELLO | MÉRCORES | 08/06/2016 | 20.00 |
Novas relacionadas
- O novo GDR si abrangue toda a Costa da Morte.
- Do GAC ao GALP pero mantendo a disección da Costa da Morte.
- viveametadedacostadamorte.com.
- O GDR axudou a crear 80 empregos e consolidar máis de 200 entre 2009-2015.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)