venres. 02.05.2025
El tiempo

Axudas europeas para saír do barco e montar un bar

Axudas europeas para saír do barco e montar un bar
Galp Costa da Morte

Xa temos un Grupo de Desenvolvento Rural (GDR) que si abrangue todo o territorio da Costa da Morte. Un GDR que xa prepara as Mesas sectoriais abertas, que se van celebrar o día 18 en Vimianzo (no local onde está o GDR) e o 19 en Buño – Malpica (na Casa do Oleiro) a partir das 18:00 horas. O obxectivo destas mesas de traballo e definir os principais obxectivos e liñas de actuación a desenvolver no marco do Programa Leader para a Costa da Morte (identificando medidas, ideas, proxectos,... que poidan ter cabida na estratexia).

Pero aínda temos camiño por percorrer, pois os GALP aínda seccionan a bisbarra. O antigo GAC, agora Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte, inicia unha serie de 8 xornadas informativas para as persoas interesadas no programa de axudas para o noso territorio do FEMP 2014-2020, destinadas o desenvolvemento sostible dos pobos costeiros, dotado cun total de 5.478.526 euros en axudas a fondo perdido para proxectos produtivos e non produtivos.

Do barco ao bar

Así, as zonas do norte da bisbarra (A Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía), acollerán xornadas informativas para amosar por onde van as liñas de actuación das subvencións. Unhas liñas europeas encamiñadas, dende hai anos, a alonxar á xente do mar pero mantelas vinculadas ao mar, é dicir, sacar os mariñeiros do barco e convertilos en hostaleiros. Así se entende a chamada “diversificación” a través da cal a Unión Europea pretende ir acabando pouco a pouco ca pesca de baixura.

Os destinatarios principais destas axudas son xente do mar, empresas transformadoras de produtos pesqueiros, hostaleiros, sectores auxiliares á pesca, empresarios e entidades de actividades náuticas ou relacionas co mar, asociacións do sector pesqueiro, redeiras, etc.

XORNADAS PROGRAMAS:
CONCELLO LUGAR DIA DATA HORA
MALPICA CENTRO CÍVICO MALPICA MÉRCORES 18/05/2016 19.00
CAMARIÑAS CASA DE PEDRA CAMARIÑAS XOVES 19/05/2016 12.00
CARBALLO AUDITORIO DO FÓRUM LUNS 23/05/2016 20.00
VIMIANZO CASA DA CULTURA VIMIANZO LUNS 30/05/2016 19.00
LAXE LOCAL SOCIAL VALLE INCLÁN MÉRCORES 01/06/2015 19.00
LARACHA CASA DA CULTURA A LARACHA XOVES 02/06/2016 20.30
PONTECESO EDIFICIO ASOCIACIÓN VECIÑOS DE CORME LUNS 06/06/2016 19.30
MUXÍA SALÓN DE PLENOS CONCELLO MÉRCORES 08/06/2016 20.00

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios