Conmoción no Fútbol costeiro despois dun sábado de graves lesións

Tremenda conmoción no Fútbol da Costa tras dous graves sucesos nos campos da zona. Dúas ambulancias tiveron que trasladar a dous xogadores do Ameixenda e do Camelle, en sendos partidos da 3ª Autonómica celebrados na xornada sabatina.
Dous accidentes que volven poñer enriba da mesa os problemas de seguridade nos campos de fútbol, con esas perigosas “vallas” e muros a pé de campo.

En Camelle

Ambulancia na Lesion grave no Rodeiro entre Camelle e Lira

Un dos sucesos acontecía no Rodeiro, onde o SCD Camelle recibía a visita do Lira. O partido transcorría tranquilo ata que o porteiro laxense do cadro local, Carlos Cousillas, recibía un forte golpe no peito. Carlos caía no chan cunha dor tan forte que lle provocou mareos e vómitos. Chegaba a ambulancia que o trasladaba ao Hospital de Cee. O partido reanudaríase.
A cousa púñase grave pois comprobaron que o golpe provocara unha rotura da tripa, e tivo que ser operado de urxencia. Afortudamente a operación saíu ben deixando a parroquia camellá moito máis tranquila.

 

En Cabana

Lesion grave dun xogador do Ameixenda en Cabana

Corría o minuto 64 nas Redondas entre o choque entre o Cabana e o Ameixenda, cando nun balón longo, o defensa do Cabana trata de protexelo e Rafa Ramos Louzán pugna por recuperalo. Na disputa o defensa mete o hombreiro saíndo Rafa trompicado e golpeando a cabeza contra o muro de bloques do fondo. O impacto fui brutal quedando o xogador inconsciente e cunha brecha na cabeza.

Foi fundamental a actuación do delegado/masaxista do Cabana que en todo momento estivo axudando ao xogador, sobre todo despois de perder a consciencia, neses momentos tan críticos onde moitos chegaron a temer o peor, e que foi o que lle metiu a Rafa na boca o tubo de Guedel. Tamén axudou unha enfermeira e un doutor que había no público, e por iso dende o cadro ceense queren agradecer a colaboración de ambos, como de todo o club cabanés.

Pouco a pouco fui estabizando a respiración e recuperando a consciencia. Chegou pronto a ambulancia medicalizada, 12 minutos para ser exactos, e despois de facerlle un primeiro recoñecemento trasladárono o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Fixéronlle un tag e decidiron trasladalo o CHUAC para unha observación máis completa, aínda que en principio parece que todo vai quedar nun susto. Segundo nos contan, pasou ben a noite, máis tranquilo, e parece que evoluciona correctamente.
O partido quedou suspendido no minuto 64 e a federacion decidira cando se termina.

Gran unión e respecto

Podemos dicir que, polo menos, estes sucesos deixaron patente a boa sintonía, o respecto e a unión dos clubs da 3ª. A través dun grupo de watshapp creado por QPC, representantes dos clubs e a familia QPC estiveron conectados durante toda a tarde, compartindo información, dándose ánimos e propoñendo novas ideas sobre protesta conxuntas por temas de seguridade. A ver se isto serve para sementar unha verdadeira Asociación de Clubs.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).