De Cabana a Treize-Septiers

Mozos e mozas de Cabana, franceses e italianos participan estes días nun programa de Eramus+ Mozos e mozas do concello de Cabana comparten estes días as súas vivencias con rapaces e rapaces franceses (Treize-Septiers) e italianos (Bolzano) grazas ao programa Erasmus +, financiado pola Unión Europea. Conviven todos xuntos no municipio francés de Treize-Septiers, localidade coa que está irmandada Cabana de Bergantiños dende hai 10 anos. Os mozos estarán acompañados por Martín Martínez - técnico de Cultura do concello de Cabana - e por Elena Cambón -monitora - e ao longo destes días, o obxectivo principal será desenvolver e mellorar as súas capacidades educativas e formativas, promover a ciudadanía activa, o diálogo intercultural e a integración social, ademáis de reforzar vínculos entre a mocidade e apoiar o desenvolvemento dunha política de xuventude baseada no conocemento e a experiencia. Para iso, durante esta semana desenvolverán unha serie de actividades, xogos, debates… onde a temática xirará ao redor da visión dos estereotipos de cada país en relación coa mocidade, o lecer, a maneira de vestir, as redes sociais é as relación entre eles e coa súa familia, entre outros temas. Tamén haberá visitas a diferentes localizaciones como a cidade de Nantes, a costa de Vendée…

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Cabana de Bergantiños