De Cabana a Treize-Septiers
08:05 06/07/17
Mozos e mozas de Cabana, franceses e italianos participan estes días nun programa de Eramus+
Mozos e mozas do concello de Cabana comparten estes días as súas vivencias con rapaces e rapaces franceses (Treize-Septiers) e italianos (Bolzano) grazas ao programa Erasmus +, financiado pola Unión Europea. Conviven todos xuntos no municipio francés de Treize-Septiers, localidade coa que está irmandada Cabana de Bergantiños dende hai 10 anos.
Os mozos estarán acompañados por Martín Martínez - técnico de Cultura do concello de Cabana - e por Elena Cambón -monitora - e ao longo destes días, o obxectivo principal será desenvolver e mellorar as súas capacidades educativas e formativas, promover a ciudadanía activa, o diálogo intercultural e a integración social, ademáis de reforzar vínculos entre a mocidade e apoiar o desenvolvemento dunha política de xuventude baseada no conocemento e a experiencia.
Para iso, durante esta semana desenvolverán unha serie de actividades, xogos, debates… onde a temática xirará ao redor da visión dos estereotipos de cada país en relación coa mocidade, o lecer, a maneira de vestir, as redes sociais é as relación entre eles e coa súa familia, entre outros temas. Tamén haberá visitas a diferentes localizaciones como a cidade de Nantes, a costa de Vendée…
Novas relacionadas
- 1.700 escolares derrubaron as portas do Castelo de Vimianzo coas visitas guiadas.
- Cabana estreita lazos coa localidade francesa de Treize-Septiers
- Os donos e donas dos monumentos megalíticos de Vimianzo visitan Dombate.
- Os Concellos de Cabana e Malpica seguirán xestionando o Dolmen de Dombate e o ecomuseo do Forno do Forte en 2017.
- O Dolmen de Dombate e Castro Borneiro recibiron 10 grupos durante o mes de novembro.
- Máis de 2.600 persoas visitan o Dolmen de Dombate no mes de setembro
- O Dolmen de Dombate, premio do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia á sustentabilidade
- Máis de 11.000 visitaron Dombate este verán.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Cabana de Bergantiños