De camiñata en camiñata

Varios membros de Cáritas parroquial de Cee peregrinaron ata Santiago de Compostela Trinta e dous membros de Cáritas parroquial de Cee fixeron camiño ata Santiago de Compostela con motivo do ano xubileo da Misericordia. Tras unha longa andaina, asistiron á misa do peregrino para logo cruzar a Porta Santa. Toda unha experiencia para contala! Camiñata solidaria en Cabana
Por outra parte, Caritas Cesullas (Cabana de Bergantiños) organiza para o vindeiro sábado 9 de xullo una camiñata solidaria que discorrerá pola senda do Anllóns. A saída está prevista realizada ás seis da tarde dende a praza de Canduas para rematar na praia do Curro, en Neaño. Entre os participantes sortearase unha no restaurante Mar de Ardora. Ao final da camiñata actuarános gaiteiros e pandereteiras do Fol.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Cáritas Cee
  • Cáritas Cesullas