Destacan as obras realizadas co case 1 millón de euros que o POS da Deputación deixou no Concello de Cabana
A deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, visitaba onte o concello de Cabana para revisar e poñer en valor algunhas das obras financiadas co Plan Único, que este ano destinou un total de 933.743€€ a este concello.
Acompañada do alcalde, José Muíño; o concelleiro de obras, Carlos Allo, e a concelleira do BNG Tatiana Rellán, a deputada salientou a importancia do Plan Único “especialmente para os concellos máis pequenos, con excesivas e impropias competencias municipais, que dificilmente poden afrontar”.
Ademais, tal e como expuxo a deputada, o Plan Único “supón un importante impulso para a economía local, ao fomentar a contratación de pequenas e medianas empresas de construción, enxeñerías e outras de sectores relacionados. Deste xeito, ademais de asegurar a execución de obras necesarias, tamén se fortalece o tecido empresarial local, xéranse oportunidades de emprego e contribúese a fixar poboación”.
Plan Único (POS+2025) da Deputación da Coruña en Cabana | |||
Denominación | Achega concello |
Deputación | TOTAL |
Reparación de estradas municipais: Frinle-Devesa, Gándara-A Eirita, A Margarida e outros |
0 | 222.969,94 | 222.969,94 |
Actuacións nas redes de saneamento e abastecemento dos núcleos de As Redondas e As Salgueiras |
0 | 130.958,91 | 130.958,91 |
TOTAL CONCELLO (2 OBRAS) | 0 | 353.928,85 | 353.928,85 |