González Formoso explicou os investimentos da Deputación aos grupos socialistas bergantiñáns

Tiveron visita os membros do PSOE de Bergantiños do presidente da Deputación, González Formoso. Na sé do grupo carballés, Formoso explicou as distintas axudas que ten o ente provincial para os Concellos, e repasou os plans imprantados nestes últimos meses, así como os que se van poñer en marcha.

O Plan de Envellecemento Activo, o Plan de Conservación de Vías, o POS foron algúns dos plans comentados, que supoñen un investimento de 13.5 millóns de € provinciais á Costa da Morte.

Tiveron a palabra os representantes de toda a comarca bergantiñá, e puideron comentarlle as necesidades de cadanseu concello.

E houbo palabras de despedida pola morte do sogro do Concelleiro de Obras de Laxe, Manuel Esmorís, que serán enterrado hoxe.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).